Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Agricultura >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 10-12-2007 ao 18-12-2007

Concurso para a contratación dunha aplicación de xestión das axudas á reconversión de viñedo
[10/12/2007]

Resolución do 4 de decembro de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite urxente, do servizo consistente no desenvolvemento dunha aplicación informática de xestión das axudas á reestruturación e reconversión de viñedo na interface-sistema integrado.

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación informática de xestión das axudas á reestruturación e reconversión de viñedo na interface-sistema integrado, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

Orzamento base de licitación
Importe total: 85.000 euros.

Ano 2007: 77.575 euros.
Ano 2008: 7.425 euros.


Obtención de documentación e información
Entidade: Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
San Caetano, s/n.
Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 57 48-54 68 83.
Telefax: 981 54 57 92.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, dende as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta.

Data límite de presentación
O prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.


Máis información
arquivoca_reest_vinedo.pdf (51 Kb)

arquivoct_reest_vinedo.pdf (39 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS