Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Agricultura >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 22-11-2008 ao 30-05-2009

Homologado o contrato-tipo para a compravenda de pataca en Galicia
[21/11/2008]

Orde do 17 de novembro de 2008 pola que se homologa o contrato-tipo para a compravenda de pataca en Galicia.

Homologado o contrato-tipo para a compravenda de pataca en Galicia consonte coa proposta elevada pola Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, relativa á solicitude de homologación dun contrato-tipo para a compravenda de pataca en Galicia, formulada polos representantes de Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Asociación Acompal.

Apróbase o seu regulamento co fin de que os solicitantes poidan dispoñer dun documento acreditativo da contratación de materia prima.

O período de vixencia da homologación deste contrato-tipo abrangue desde a entrada en vigor desta orde ata o 30 de maio de 2009, sendo prorrogable anualmente, logo da revisión cada mes de marzo. O máximo período de prórroga será de tres anos.


Máis información
arquivocontrato_homologado_pataca.pdf (86 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS