Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Agricultura >> Aviso
  • Aviso rematado

Publicado o decreto polo que se crea a Reserva galega de dereitos de plantación de viñedo
[11/02/2009]

Decreto 21/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a Reserva galega de dereitos de plantación de viñedo.

Obxecto
Crear a Reserva galega de dereitos de plantación de viñedo coa finalidade de mellorar a xestión do potencial vitícola, evitar a súa perda e fomentar o uso eficaz dos dereitos de plantación.

Xestión
A Xunta de Galicia xestionará todos os dereitos de plantación que integren a Reserva galega, a través da consellería competente en materia de agricultura, á cal corresponderá a elaboración e aplicación do desenvolvemento normativo correspondente.

Dereitos que integran a Reserva galega
A Reserva galega de dereitos de plantación estará integrada por:

  1. Os dereitos de nova plantación, replantación, e dereitos de plantación procedentes da reserva que non foran utilizados nos prazos establecidos neste decreto e na restante normativa que lle sexa de aplicación.
  2. Os dereitos de plantación adquiridos pola consellería competente en materia de agricultura ás persoas titulares deles, conforme as condicións que se determinen mediante orde da consellería competente en materia de agricultura.
  3. Os dereitos de replantación xerados polas superficies en que, consonte o previsto no artigo 8.2º da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño se demostrase fidedignamente que non foron cultivadas nas tres últimas campañas e en que se acordase e formalizase a arrinca, logo de cursar comunicación ao seu titular.
  4. Os dereitos de replantación que se poidan xerar en superficies afectadas por un proceso de concentración parcelaria ou expropiación, no suposto de que a persoa titular non obteña e formalice a correspondente autorización de arrinca.
  5. Os dereitos de replantación transferidos desde outra comunidade autónoma que non sexan utilizados nas dúas campañas seguintes á aprobación da transferencia polo ministerio competente en materia de agricultura.
  6. Os dereitos de plantación non exercidos dentro do seu período de vixencia por causas non imputables á persoa titular e así recoñecido pola autoridade competente. Neste caso, unha vez finalizada a causa que imposibilitou o exercicio do dereito, este será asignado á persoa titular de orixe, sen contrapartida financeira ningunha.
  7. Calquera outro dereito de plantación asignado á Reserva galega pola Reserva nacional.
  8. Calquera outro dereito de plantación non reclamado polas persoas titulares das explotacións vitícolas e que, de acordo coa normativa comunitaria, continúe vixente e forme parte do potencial de produción de Galicia.

Máis información
arquivoreserva_dereitos_vinedo.pdf (39 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS