Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Data remate: 15-08-2006

Aberto o prazo do concurso para o deseño, instalación, montaxe e atención de dous stands institucionais da Consellería
[01/01/2007]

Resolución do 20 de xullo de 2006 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo consistente en deseño, instalación, montaxe e atención de dous stands institucionais desta consellería en dous certames feirais

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Obxecto do contrato
a) Descrición do obxecto: deseño, instalación, montaxe e atención de dous stands institucionais desta Consellería do Medio Rural en dous certames feirais (lote 1: Iberflora en Valencia e lote 2: Salón Internacional do Viño en Madrid), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: 2 lotes.
c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.

Orzamento base de licitación
Importe total: 244.000 euros.
Lote 1: 137.000 A.
Lote 2: 107.000 A.

Garantías
Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada lote (lote 1: 2.740 A e lote 2: 2.140 A).
Definitiva: o 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Obtención de documentación e información
a) Entidade: Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
b) Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
d) Teléfonos: 981 54 57 48/981 54 00 62.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería do Medio Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

Posibilidade de variantes
Non se admiten.

Clasificación
Para o lote 1: grupo L, subgrupo 5, categoría D.

Apertura das ofertas
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, o oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 12.00 horas.

Gastos de anuncios
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Esta contratación está enmarcada nas actuacións incluídas na medida número 8: prestación de servizos ás explotacións agrarias, comercialización de produtos agrarios de calidade e enxeñaría financeira (Feoga-O) do eixe 7, agricultura e desenvolvemento rural, do programa operativo de Galicia 2000-2006.


Máis información
arquivocon_7_20060815_1.pdf (33 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS