Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 08-03-2007 ao 23-03-2007

Contratación do deseño, instalación, montaxe e atención dunha caseta institucional en Fenavin
[08/03/2007]

Resolución do 1 de marzo de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo consistente no deseño, instalación, montaxe e atención dunha caseta institucional desta consellería en Fenavin.

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: deseño, instalación, montaxe e atención dunha caseta institucional da Consellería do Medio Rural en Fenavin (Cidade Real), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

Orzamento base de licitación
Importe total: 58.000 euros.

Obtención de documentación e información
Entidade: Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.
Santiago de Compostela, 15701.
Teléfono: 981 54 57 48-981 54 00 62.
Telefax: 981 54 57 62-54 00 18.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, dende as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta

Data límite de presentación
O prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.



© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS