Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 13-08-2007 ao 28-12-2007

Novo proceso electoral para a renovación dos consellos reguladores
[13/08/2007]

Orde do 3 de agosto de 2007 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro; das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego, Mel de Galicia e Pan de Cea; das denominacións xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; e da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Con data do 1 de decembro de 2002, convocadas pola Orde do 16 de setembro do mesmo ano, realizáronse as eleccións aos consellos reguladores da denominación específica Orujo de Galicia (hoxe chamado Consello regulador das denominacións xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia), da denominación de orixe protexida Queixo Tetilla, das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego e Pataca de Galicia, así como da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Os devanditos consellos reguladores foran elixidos para un mandato de catro anos, polo que hoxe xa está vencido e atopándose agora nun período de prórroga establecido por Orde do 29 de marzo de 2005. Exceptúase a indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia, que acaba de renovar o seu consello regulador no recente proceso electoral convocado pola Orde do 9 de abril pasado.

Por outra banda, as denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, e as indicacións xeográficas protexidas Mel de Galicia e Pan de Cea manteñen consellos reguladores provisionais xa que no momento en que se realizaron as eleccións antes mencionadas aínda non tiñan completada a tramitación do seu rexistro como DOP e IXP ante a Comisión Europea.

Ademais, coa aprobación da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e posteriormente o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, que a desenvolve en materia de denominacións de calidade, configurouse un novo réxime xurídico dos consellos reguladores, así como un novo réxime electoral que derogou o anterior, regulado polo Decreto 63/2002, do 28 de febreiro.

A disposición transitoria primeira do citado Decreto 4/2007 dispón que no prazo de seis meses desde a súa aprobación, se proceda á convocatoria de eleccións para a renovación de todos os consellos reguladores do ámbito agroalimentario constituídos nese momento. De tal xeito que, coa convocatoria das eleccións aquí reguladas, xunto coas xa realizadas tras a convocatoria efectuada a través da Orde do 9 de abril pasado, dáselle cumprimento á citada esixencia.


Máis información
arquivorenovacion_ccrr.pdf (172 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS