Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 12-04-2007

Convocadas eleccións e ditadas normas para a renovación dalgúns consellos reguladores
[12/04/2007]

Orde do 9 de abril de 2007 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, e das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia e Ternera Gallega.

Os consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras e da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega celebraron eleccións para a renovación dos seus plenos o día 26 de maio de 2002, logo da convocatoria a través da Orde do 27 de febreiro dese mesmo ano. Uns meses antes, o 25 de marzo de 2001, celebráronse as eleccións para a renovación do pleno do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas (convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2000), mentres que a renovación do pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia produciuse logo das eleccións que se desenvolveron o día 1 de decembro de 2002 (convocadas por Orde do 16 de setembro de 2002).

Os órganos de goberno destes consellos reguladores foron elixidos para un mandato de catro anos, hoxe polo tanto xa vencido, gozando actualmente dunha prórroga que se concedeu a través da Orde do 29 de marzo de 2005.

Durante o período de mandato destes consellos reguladores aprobouse a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, que foi desenvolta, no relativo ás denominacións xeográficas de calidade e aos seus órganos de xestión, os consellos reguladores, polo Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Polo tanto, unha vez completada a regulación nesta materia, procede renovar os órganos de goberno das distintas denominacións de calidade, cumprindo o mandato recollido na disposición transitoria primeira do citado decreto, que establecía que a dita convocatoria debería realizarse nos seis meses posteriores á súa aprobación. Nesta orde de convocatoria inclúense aqueles consellos reguladores que teñen o seu mandato prorrogado dende hai máis tempo, deixando para un proceso posterior o resto de consellos reguladores.



Máis información
arquivoeleccions_ccrr.pdf (198 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS