Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 28-05-2007 ao 30-06-2007

Información para a participación na feira Alimentaria´08
[28/05/2007]

Alimentaria Barcelona celébrase en dous recintos da Fira de Barcelona simultaneamente,  Montjüic e Gran Vía, cunha superficie neta de exposición de 115.000 m2. Está constituída por un total de quince salóns sectoriais, cada un deles especializado nunha familia de produto alimentario.

A Consellería do Medio Rural estará presente con stands nos pavillóns Intervín 620 m2, Intercarn 250 m2, Autonomías 150 m2 e Interlact 100 m2, en Barcelona durante a celebración de Alimentaria 2008.

Perfil da Feira
Alimentaria 2008, Salón Internacional da Alimentación e Bebidas é a exposición de carácter internacional especializada en produto rematado do sector alimentario dirixida a industria da alimentación e bebidas máis destacada das organizadas en España.

Lugar, datas
O salón terá lugar nos recintos de Montjüic e Gran Vía de Fira Barcelona do luns 10 ao venres 14 de marzo de 2008.

Requisitos de participación como coexpositor
Poderán participar como coexpositores aquelas empresas ubicadas na comunidade autónoma de Galicia, que pertenzan ao sector agroalimentario e que o soliciten dentro do prazo sinalado.

Solicitudes e prazo presentación
As solicitudes, de acordo co modelo que figura no arquivo anexo, remitiranse unha vez cumprimentadas ao nº de fax 981 54 00 18  (Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria) sendo necesario a confirmación da  súa recepción mediante chamada telefónica o nº 981 54 00 63.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de xuño e remata o 30 do mesmo mes.

Máis información e solicitude nos arquivos anexos



Máis información
arquivoalimentaria2008.pdf (158 Kb)

arquivosolicitude_alimentaria08.rtf (42 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS