Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 12-06-2007 ao 21-06-2007

Concurso para a organización e a realización de catas concurso 2007
[12/06/2007]

Resolución do 6 de xuño de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite urxente, do servizo consistente na organización e realización de catas concurso 2007.

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: organización e realización de catas concurso 2007 (lote 1: cata dos viños, cata de augardentes e concurso de deseño, lote 2: cata dos queixos e cata dos meles), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

Orzamento base de licitación
Importe total: 195.000 euros
Lote 1: 120.000 euros
Lote 2: 75.000 euros

Obtención de documentación e información
Entidade: Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
Santiago de Compostela, 15701.
Teléfono: 981 54 57 48-54 00 62.
Telefax: 981 54 57 92.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta

Data límite de presentación
O prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos oito días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.


Máis información
arquivoca_catas_2007.pdf (58 Kb)

arquivoct_catas_2007.pdf (84 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS