Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 28-08-2008

Aprobado o regulamento da I.X.P. Faba de Lourenzá e do seu Consello Regulador
[28/08/2008]

Orde do 20 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Apróbase o Regulamento da indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e do seu Consello Regulador, co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, para acadar a protección nacional transitoria establecida no artigo 5.6º do R (CE) 510/2006, unha vez que a solicitude de rexistro foi transmitida á Comisión Europea.

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá, con carácter provisorio ata que se celebren eleccións na forma determinada na normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidenta: Gema Iglesias Recalde.

Vogais polo sector produtor:

  • Manuel Reigosa García.
  • Secundino Oural Sanjurjo.
  • María Teresa Recalde Rodríguez.


Vogais polo sector industrial:

  • María del Carmen Seijo Otero.
  • María Dolores Rocha Loureiro.
  • María Fernández Fernández.

Máis información
arquivoixp_faba_lourenza_01.pdf (159 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS