Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 08-09-2008

Publicidade da solicitude de rexistro da indicación xeográfica protexida Androlla de Galicia
[08/09/2008]

Resolución do 8 de agosto de 2008, da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, pola que se lle da publicidade á solicitude de rexistro da indicación xeográfica protexida Androlla de Galicia.

Anúnciase a solicitude de rexistro da indicación xeográfica protexida Androlla de Galicia mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOE do documento único que figura como anexo, establecéndose un prazo de dous meses desde a data da súa publicación no BOE para que calquera persoa, física ou xurídica, que estea establecida ou resida legalmente en España, cuxos lexítimos intereses considere afectados, poida opoñerse ao dito rexistro mediante a correspondente declaración de oposición, dirixida á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, da Consellería do Medio Rural, de acordo co establecido no artigo 4.1 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, e no artigo 6 do Real decreto 1069/2007, do 27 de xullo.

O expediente desta solicitude poderá ser examinado na sede da dita dirección xeral, sita nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Máis información no documento anexo.


Máis información
arquivosolicitude_androlla.pdf (39 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS