Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 21-02-2008

Concurso para a contratación dos postos da consellería en diversos certames feirais
[21/02/2008]

Resolución do 14 de febreiro do 2008 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo para o deseño, instalación, montaxe e atención dun posto institucional desta consellería en diversos certames feirais no ano 2008.

Obxecto do contrato
Descrición do obxeto: deseño, instalación, montaxe e atención dun posto institucional desta consellería en diversos certames feirais no ano 2008:

  • Lote 1: Salimat; Expolugo; Salón das denominacións de orixe e delicatessen e salón dos viños e augardentes de Galicia.
  • Lote 2: XXII salón do club de gourmets.

Orzamento base de licitación
Orzamento total: 198.000 €.

Lote 1: 80.000 €.
Lote 2: 118.000 €.


Obtención de documentación e información
Entidade: Secretaría Xeral.
Edificio administrativo de San Caetano, s/n.
Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 57 48-54 00 62.
Telefax: 981 54 57 92.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, dende as 9.00 ás 14.00 horas.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta.

Data límite de presentación
O prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Apertura das ofertas
Sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.
Edificios administrativos de San Caetano, s/n.
Santiago de Compostela, 15781.
Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, o quinto día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.


Máis información
arquivocertames_feirais_2008.pdf (36 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS