Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 22-02-2008

Concurso para a contratación do servizo para a organización e realización de catas
[22/02/2008]

Resolución do 15 de febreiro de 2008 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo para a organización e realización de catas (lote 1: cata dos viños e cata de augardentes, lote 2: cata dos queixos e cata dos meles).

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: organización e realización de catas (lote 1: cata dos viños e cata de augardentes, lote 2: cata dos queixos e cata dos meles), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

Orzamento base de licitación
Orzamento total: 205.000 €.

Lote 1: 120.000 €.
Lote 2: 85.000 €.


Obtención de documentación e información
Entidade: Secretaría Xeral.
Edificio administrativo de San Caetano, s/n.
Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 57 48-54 00 62.
Telefax: 981 54 57 92.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, dende as 9.00 ás 14.00 horas.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta.

Data límite de presentación
O prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Apertura das ofertas
Sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.
Edificios administrativos de San Caetano, s/n.
Santiago de Compostela, 15781.
Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.


Máis información
arquivocatas_2008.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS