Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 28-09-2007

Homologado o contrato-tipo de compravenda de uva para viño na D.O. Valdeorras
[28/09/2007]

Orde do 21 de setembro de 2007 pola que se homologa o contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño da denominación de orixe Valdeorras para as campañas 2007 e 2008.

A Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria elevou a correspondente proposta relativa á solicitude de homologación dun contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño na zona de produción da denominación de orixe Valdeorras, formulada polos representantes do Sindicato Labrego Galego, Xóvenes Agricultores, Adega Santa Marta, S.A.T. e Asociación de Adegas de Valdeorras.

Homológase o contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño na zona de produción da denominación de orixe Valdeorras, cuxo texto figura no documento anexo.

O período de vixencia da homologación deste contrato-tipo será de dous anos a partir da entrada en vigor desta orde.


Máis información
arquivocontrato_valdeorras0708.pdf (67 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS