Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado

Feira de Outono en Pontevedra os días 14, 15 e 16 de novembro
[14/11/2008]

Venres 14
16:00h. Praza da Ferrería
Apertura da feira de artesanía na que participarán mestres de Galicia (Carlos Collazo, Xaneco Tobío), Portugal (Paulo Meirinhos) e Castela (Victor Barral).

Apertura da “haima”: punto de información xeral e tetería con especialidades árabes, e dos stands de referencias bibliográficas e discográficas (libraría Michelena).

20:00h. Centro Social Caixanova
Concerto
Barbod. Irán
Leilía. Galicia
Mohammed el Sayed. Exipto

Sábado 15
10:00h. Museo de Pontevedra
Obradoiro “Fai o teu pandeiro”. O mestre artesán Carlos Collazo dirixe a construción do orixinal de Perfecto Feijóo -co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste instrumento en 1904-, conservado no museo.

11:00h. Praza da Verdura
Apertura do mercado de produtos de outono: postos de venda de castañas, froitos secos, verduras, queixos, mel, viño...
Horario de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30h.

11:00h. Praza da Ferrería
Haima Duf
Ao encontro de Mohammed el Sayed. O mestre exipcio compartirá conversa e té cos interesados na súa realidade musical nun encontro de mediación cultural entre artista e público.

12:00h. Praza da Verdura
Xogos populares a cargo de “Vilatroula”.
Horario de 12:00h a 14:00h e de 17:30h a 19:30 h (en caso de chuvia as actividades realizaranse na Casa da Luz).

12:30h. Praza da Ferrería
Concerto de Tanxedoras de Pandeiro, presentando en exclusiva o seu primeiro lanzamento discográfico.

12:30h. Praza da Verdura
Actuación musical da agrupación de música tradicional “Os Alegres”.

17:30h. Praza da Ferrería
Exhibición musical dos artesáns participantes na feira no escenario central, no que presentarán os seus instrumentos interpretando o repertorio específico das súas tradicións musicais.

19:30h. Praza da Verdura
Actuación das Pandereiteiras de Soutomaior (música e baile tradicional).

20:00h-00:00h. Praza da Ferrería
Serán urbano: concerto aberto inaugurado polas promesas xurdidas no selo de AFI de Pontevedra e actuacións de tocadores.

20:30h. Praza da Verdura
Magosto
Obradoiros: Praza da Verdura
Cestería de 11:00h a 14:30h.

Domingo 16
10:00h a 14:00h. Casa das campás
Máster class de pandeireta galega impartida por Felisa Segade.
Concerto, exhibición de repertorio e técnica galega a cargo de Felisa Segade.

Presentación do número especial da Revista galega de etnomusicoloxía EtnoFolk (nº8), coordinado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque (CMTF) que inclúe traballos presentados por profesores do encontro internacional de pandeiros de mao de pontevedra nas edicións pasadas. Falarán o profesor José Luis Dopico e o editor Javier Jurado; presenta Ramón Pinheiro.

11:00h a 14:30h. Praza da Verdura
Apertura do mercado de produtos de outono: postos de venda de castañas, froitos secos, verduras, queixos, mel, viño...

11:00 h. Praza da Verdura
Actuación musical da agrupación de música tradicional “Os Alegres”.

Obradoiros:
Obradoiro de elaboración de buxainas
Ventos: cultivo de cogomelos
Cestería 11:00h a 14:30h

Demostración de destilación de augardente e polbeira.

Máis información no documento anexo.


Máis información
arquivodp_pontevedra.pdf (318 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS