Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado

IX edición da Festa da Vincha en Cerdedo
[19/02/2009]

 

Pavillón Municipal de Deportes de Cerdedo. Domingo, 22 de febreiro

Programa
12:00h. Inauguración co pregón a cargo do profesor e escritor Calros Solla Varela.

13:00h. Concurso de Vinchas (xurado composto por: Mª Lidia Torres, de Casa “Florinda”, de Pedre; Margaret Moore, da Casa rural “Quireza”; Neves Feros, do Restaurante “A Bombilla”; Hipólito Fraga, membro da Asociación Cultural “Vintureira” de Parada, Campo Lameiro; e Xosé Nogueira, presidente da Asociación de Turismo Rural “Mar de Compostela” da Estrada).

17:00h. Actuación “Contos de taberna” do estradense Xosé Manuel Rodríguez “ISI”. Durante todo o día amenizarán a festa o grupo de gaiteiros Os Chichisos. Estarán presentes varias asociación da comarca; haberá mostra de oficios tradicionais, postos de artesanía, produtos da terra e ecolóxicos e o produto estrela da festa, a vincha, a lambetada típica do Entroido cerdedense (que consiste nun doce feito na vexiga do porco) realizada polas mulleres da Asociación Espadela.

No mesmo pavillón haberá postos con polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares.

 

Páxina das Feiras Galicia Suntentábel


Máis información
arquivogzs_cerdedo_2009_01.pdf (1788 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS