Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado

Solicitude de modificación do prego de condicións da I.X.P. Ternera Gallega
[11/03/2009]

Resolución do 3 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, pola que se lle dá publicidade á solicitude de modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

Publicidade da solicitude de modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega. Establécese un prazo de dous meses dende a data da súa publicación no BOE para que calquera persoa, física ou xurídica, que estea establecida ou resida legalmente en España, cuxos lexítimos intereses considere afectados, poida opoñerse ao devandito rexistro mediante a correspondente declaración de oposición, dirixida á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, da Consellería do Medio Rural.

O expediente desta solicitude poderá ser examinado na sede da dita dirección xeral, sita nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.


Máis información
arquivosol_modif_ixp_ternera_gallega.pdf (69 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS