Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso rematado

Decisión favorable para o rexistro da indicación xeográfica protexida Androlla de Galicia
[30/03/2009]

Orde do 23 de marzo de 2009 pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro da indicación xeográfica protexida Androlla de Galicia.

Adóptase decisión favorable para que a denominación Androlla de Galicia sexa rexistrada como indicación xeográfica protexida e publícase o prego de condicións que debe cumprir o produto por ela amparado.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poden interpor con carácter potestativo recurso de reposición ante o titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, computados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.


Máis información
arquivodecision_favorable_androlla.pdf (59 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS