Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Desenvolvemento rural >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 13-04-2007

Premio AGADER ás iniciativas de desenvolvemento rural
[13/04/2007]

Resolución do 23 de marzo de 2007 pola que se aproba o Regulamento do premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e se convoca o premio correspondente ao ano 2007.


O premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural créase coa finalidade de premiar aquelas iniciativas que fomenten a xeración dunha sociedade rural máis viva e cohesionada.

  1. O primeiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 25.000 euros.
  2. O segundo premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 14.000 euros.
  3. O terceiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 6.000 euros.
  4. O premio especial para mozos e/ou mozas, constará dun diploma e unha dotación económica de 15.000 euros.

As candidaturas irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou CIF.
b) Memoria detallada da iniciativa proposta para o premio.

A solicitude de participación, xunto ao resto da documentación, deberase presentar nun sobre pechado no que figurará Premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural-2007.

Obxecto
O premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural poderá concederse ás entidades ou cidadáns promotores de iniciativas que, no seo da Comunidade Autónoma de Galicia, contribúan de xeito singular á promoción do medio rural contribuíndo a xerar unha sociedade rural mais dinámica e cohesionada.

Destinatarios
1. Poderán presentar candidaturas razoadas ao premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, os grupos de acción local de Galicia, institucións, entidades, empresas, así como os cidadáns que o desexen.

2. Os proxectos deberán ter sido executados previamente á data de publicación da convocatoria anual do premio. Non poderán concorrer a el aquelas iniciativas ou actuacións:

a) Que obtivesen premio ou accésit nalgunha das anteriores edicións do premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
b) Que na data de publicación da convocatoria do premio se atopen en fase de execución ou deseño.


Dotación
O premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural constará de diploma e de dotación económica. O xurado poderá conceder un primeiro, un segundo e un terceiro premio, que constarán dun diploma e da dotación económica que se estableza na convocatoria anual correspondente. O xurado poderá, así mesmo, conceder un premio especial dirixido a proxectos realizados por mozos e/ou mozas, ou que teñan este colectivo poboacional como principal beneficiario.

Para este efecto terá a consideración de mozo ou moza quen teña 35 anos ou menos durante o período de presentación da candidatura ou, no caso de agrupación, sociedade ou asociación, cando polo menos o 25% dos seus membros cumpran este requisito.

Prazo
O prazo para presentar as solicitudes será de 30 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.


Máis información
arquivopremio_agader_dr.pdf (157 Kb)

arquivodiptico_premio_agader.pdf (1429 Kb)

arquivopremio_agader.png (8 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS