Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Desenvolvemento rural >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 25-04-2007

A Sociedade Comarcal convoca probas selectivas para cubrir 11 prazas con carácter temporal
[25/04/2007]

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia vén de convocar 11 prazas con carácter temporal para contratar persoal co fin de desenvolver e pór en marcha proxectos e actividades que contribúan ao desenvolvemento integral do territorio rural galego.

O prazo para presentar a documentación vai dende o mércores 25 de abril ata o mércores 9 de maio. Dentro deste prazo todos os interesados en participar no proceso de selección previo ás probas poden presentar as súas solicitudes ben nas dependencias da Sociedade Comarcal de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou ben nas oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de LRX-PAC, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Máis información nos documentos anexos ou na web da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.



Máis información
arquivoconcurso_meritos.pdf (123 Kb)

arquivoconcurso_oposicion.pdf (94 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS