Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Desenvolvemento rural >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 15-05-2007 ao 31-05-2007

Concurso para o alugamento e mantemento de catro fotocopiadoras para o FOGGA
[15/05/2007]

Resolución do 13 de abril de 2007 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración consistente no alugamento e mantemento de catro fotocopiadoras.

Obxecto do contrato
a) Descrición do obxecto: alugamento e mantemento de catro fotocopiadoras para o Fogga.
b) Lugar de entrega: os equipamentos subministraranse e instalaranse nos servizos centrais e provinciais do Fondo Galego de Garantía Agraria en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Pontevedra.
c) Prazo de entrega: 15 días desde a formalización do contrato.
d) Prazo de execución: 4 anos.

Orzamento base de licitación
Importe total: 53.760 € (cincuenta e tres mil setecentos sesenta euros).

Obtención de documentación e información
Entidade: Fogga.
Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.
Teléfono: 981 54 62 79.
Fax: 981 54 61 91.
Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta

Data límite de presentación
o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.


Máis información
arquivoam_fotocopiadoras.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS