Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Desenvolvemento rural >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 23-04-2007

Exposición fotográfica sobreo o Sahara: "Afogados no deserto"
[23/04/2007]

A mostra está formada por 25 fotografías e 5 paneis informativos escritos por persoas sensibilizadas coa situación do pobo saharahui. O formato das imaxes é de 50 x 70 cm, laminado sobre emulsión fotográfica en soporte ploteado.

Este traballo foi realizado polo fotoxornalista galego Gabriel Tizón nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia) en febreiro de 2006.

A exposición está estruturada en dúas partes:

  • A primeira está composta por unha serie de fotografías tomadas en diferentes campamentos que foron afectados polas inundacións sufridas unhas semanas antes da visita de Gabriel Tizón.
  • A segunda parte presenta unha serie de imaxes realizadas nos territorios liberados (Tifariti), que amosan o orgullo do pobo saharahui o día da conmemoración do 30 aniversario da formación do Frente Polisario, partido que goberna a República Árabe Saharahui Democrática (RASD) dende o seu nacemento.

Máis información
arquivocartel_afogados.pdf (1175 Kb)

arquivodiptico_afogados.pdf (1092 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS