Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Desenvolvemento rural >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 18-04-2008

Concurso para os traballos de control de axudas directas da PAC baseadas en superficies
[18/04/2008]

Resolución do 14 de abril de 2008 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a realización de traballos de control sobre o terreo de admisibilidade e condicionalidade en axudas directas da PAC baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2008-2009.

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: realización de traballos de control sobre o terreo de admisibilidade e condicionalidade en axudas directas da PAC baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2008-2009.
División por lotes: 3 lotes.

Orzamento base de licitación
Orzamento total: 220.275,55 € (IVE incluído).
Lote I: 80.342,79 €.
Lote II: 95.681,16 €.
Lote III: 44.251,60 €.

Obtención de documentación e información
Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.
Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 62 79.
Fax: 981 54 61 91.
Data límite de obtención de documentos e información: o día que remate o prazo para a presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta.

Data límite de presentación
O prazo de presentación finalizará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura das ofertas
Terá lugar en acto público na sala de xuntas do Fogga.
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.
Santiago de Compostela, 15781.
Será o décimo primeiro día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo; neste caso sería o seguinte día hábil.


Máis información
arquivocontrol_axudas_pac.pdf (30 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS