Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Desenvolvemento rural >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 23-04-2008

Contratación da subministración de catro vehículos para o Fondo Galego de Garantía Agraria
[23/04/2008]

Resolución do 31 de marzo de 2008 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso para a contratación da subministración de catro vehículos para este organismo.

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: subministración de catro vehículos.

Orzamento base de licitación
Orzamento total: 63.060 € (sesenta e tres mil sesenta euros).

Obtención de documentación e información
Entidade: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).
Rúa dos Irmandiños s/n, Salgueiriños.
Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 62 79.
Telefax: 981 54 61 91.
Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta.

Data límite de presentación
O prazo de presentación finalizará ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura das ofertas
Sala de xuntas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).
Rúa dos Irmandiños s/n, Salgueiriños.
Santiago de Compostela, 15781.
Terá lugar ás 13:00 horas do décimo primeiro día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, en cuxo caso sería o seguinte día hábil.


Máis información
arquivo4_vehiculos_fogga.pdf (29 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS