Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Desenvolvemento rural >> Aviso
  • Aviso rematado

Activados novos proxectos dinamizadores das áreas rurais incluídos nas listas de espera
[20/03/2009]

Resolución do 27 de febreiro de 2009 de activación de proxectos incluídos nas listas de espera do procedemento de concesión de subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009.

Increméntase a dotación orzamentaria en 2.219.297,54 euros, con cargo ao orzamento do exercicio 2009, distribuíndose por aplicacións do seguinte xeito:

Partida Importe (€)
02.01 02/31/30 6568001.078.476,08
02.01 02/32/10 656800657.382,65
02.01 02/32/30 656800483.438,81


Actívanse os proxectos non produtivos da lista de espera (ver documento anexo) con cargo á ampliación de crédito anteriormente sinalada.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección de Agader no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación.

 


Máis información
arquivoactivacion_proxectos_09.pdf (112 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS