Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Explotacións >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 10-07-2007 ao 25-07-2007

Concurso para a contratación do stand institucional para dous certames feirais
[10/07/2007]

Resolución do 2 de xullo de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo consistente en deseño, instalación, montaxe e atención dun posto institucional desta consellería en dous certames feirais.

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: deseño, instalación, montaxe e atención dun posto institucional da Consellería do Medio Rural en dous certames feirais (lote 1: Iberflora en Valencia e lote 2: salón internacional do viño en Madrid)», de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

Orzamento base de licitación
Importe total: 285.000 euros.

Lote 1: 175.000 euros.

Lote 2: 110.000 euros.

Obtención de documentación e información
Entidade: Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.
Santiago de Compostela, 15701.
Teléfono: 981 54 57 48-981 54 00 62.
Telefax: 981 54 57 92.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta

Data límite de presentación
o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.


Máis información
arquivoca_stand_institucional.pdf (56 Kb)

arquivoct_stand_institucional.pdf (149 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS