Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Explotacións >> Aviso
  • Aviso rematado
Prazo: 21-11-2007 ao 28-11-2007

Concurso para a adquisición dun mínimo de 400 posicionadores móbiles
[21/11/2007]

Resolución do 13 de novembro de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite urxente, da adquisición dun mínimo de 400 posicionadores móbiles con software de recollida e almacenamento de posicións.

Obxecto do contrato
Descrición do obxecto: adquisición dun mínimo de 400 posicionadores móbiles con software de recollida e almacenamento de posicións, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

Orzamento base de licitación
Importe total: 240.000 euros.

Obtención de documentación e información
Entidade: Secretaría Xeral.
San Caetano, s/n.
Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 57 48 - 54 74 41.
Telefax: 981 54 57 92.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, dende as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet neste enderezo:
Páxina de contratación da Xunta.

Data límite de presentación
O prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.


Máis información
arquivoca_400_posicionadores.pdf (64 Kb)

arquivoct_400_posicionadores.pdf (36 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS