Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 16-05-2008

Bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa)
[16/05/2008]

Resolución do 1 de abril de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 250/2001, do 20 de setembro (DOG nº 196, do 9 de outubro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de marzo de 2008, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no Concello de Arzúa e na zona, durante o prazo de trinta días naturais, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e a relación de predios excluídos), á clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das cales se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural dentro do prazo de trinta días, contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial desta consellería (edificio administrativo, praza Luís Seoane, s/n, 6º andar, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.


Máis información
arquivobd_dombodan_branza.pdf (28 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS