Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 16-05-2008

Información pública do estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria de Arca (A Estrada)
[16/05/2008]

Resolución do 11 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Arca (A Estrada-Pontevedra).

Sométese á información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Arca (A Estrada-Pontevedra).

Para efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.


Máis información
arquivoeia_arca.pdf (27 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS