Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 05-06-2008

Publicado o acordo da zona de concentración parcelaria da Esperela (Baleira)
[05/06/2008]

Resolución do 28 de abril de 2008, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de concentración parcelaria da Esperela (Baleira-Lugo).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona da Esperela (Baleira-Lugo), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 175/1999, do 27 de maio (DOG nº 111, do 11 de xuño):

- Con data do 25 de abril de 2008, o director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona da Esperela (Baleira-Lugo), que estará exposto ao público no Concello de Baleira e no Servizo de Estruturas e Infraestruturas Agrarias da Delegación de Lugo do Medio Rural, durante o prazo de trinta (30) días naturais, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

- Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros. Para o caso de que se tivesen formulado alegacións en relación co proxecto, o resultado destas será o que deriva da ficha que se achega.

- Contra o acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro do Medio Rural dentro do prazo de trinta (30) días naturais contados desde o seguinte ao da notificación individual e, no seu defecto, publicación substitutiva na delegación provincial desta consellería (edificio administrativo; rolda da Muralla nº 70, 1º baixo, Lugo) ou en calquera das dependencias ás cales fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


Máis información
arquivocp_esperela.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS