Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 24-06-2008

Toma de posesión provisional na concentración parcelaria de Carballedo-Rebordelo (Cotobade)
[24/06/2008]

Resolución do 14 de maio de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Carballedo-Rebordelo (Cotobade-Pontevedra).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Carballedo-Rebordelo (Cotobade-Pontevedra) e resoltos os recursos presentados contra o acordo, o director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 30 de xuño de 2008. A toma de posesión é obrigatoria para todos os interesados e enténdese sen prexuizo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro). No caso de que algún propietario non permita, no prazo indicado, a toma de posesión, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da dita lei.

Os interesados poderán reclamar ante a delegación provincial, sita na rúa Benito Corbal, 47, Pontevedra, xuntando ditame pericial, sobre diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de 60 días naturais contados desde o día 1 de xullo de 2008 (artigo 46 de la Lei de concentración parcelaria de Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

  • Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: ata o día 30 de xuño de 2008.
  • Os restantes predios: no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.
  • En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución no prazo de seis meses contados a partir do día 1 de xullo de 2008, logo de petición, á xefatura do Servizo de Montes e Industrias Forestais, do preceptivo permiso e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no caso de seren especies autóctonas protexidas.

Así mesmo, deberán adoptarse as medidas relativas á prevención de incendios forestais, de conformidade coa Lei 3/2007 (DOG do 17 de abril).


Máis información
arquivotpp_carballedo_rebordelo.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS