Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Aprobadas as bases definitivas da concentración parcelaria de Catoira (Catoira)
[17/12/2008]

Resolución do 5 de novembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Catoira (Catoira-Pontevedra).

O Servizo de Infraestruturas e Estruturas Agrarias de Pontevedra pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Catoira (Catoira-Pontevedra) que a Xunta Local da zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas e á vista do resultado das alegacións ás bases provisionais, aprobou as bases definitivas de concentración parcelaria desta zona, que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados.

As devanditas bases estarán expostas ao público no local da Casa do Concello de Catoira e nos lugares de costume da zona; así mesmo, os planos dos polígonos das bases poderán ser consultadas durante o prazo de interposición de recursos.

Os documentos que se poden examinar refírense á determinación do perímetro (colección de planos cos predios incluídos e excluídos e relación destes), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes, que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias, e á determinación dos propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases, os interesados poderán interpoñer, por si mesmos ou por representación, recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural, dentro do prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da recepción da notificación individual ou da publicación no Diario Oficial de Galicia para os que non puideron ser notificados individualmente. Os recursos poderanse presentar no rexistro da Delegación Provincial de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza -sita na rúa Benito Corbal, 47 baixo, de Pontevedra-, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela-, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Por último, infórmase de que en aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, deberase ter en conta o establecido nos seus artigos 21 e seguintes de cara a evitar posibles danos por lumes forestais.


Máis información
arquivobd_cp_catoira.pdf (29 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS