Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Godos (Caldas de Reis)
[11/12/2008]

Resolución do 17 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, pola que se somete á información pública o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

Sométese á información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Godos, concello de Caldas de Reis (Pontevedra).

Para os efectos informativos, ponse á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra.

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.


Máis información
arquivoeia_godos.pdf (31 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS