Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria de Troáns I e II (Cuntis)
[09/12/2008]

Resolución do 10 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Troáns I e II (Cuntis-Pontevedra).

Sométese a información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Troáns I e II, concello de Cuntis (Pontevedra).

Ponse á disposición dos administrados a documentación correspondente ao proxecto para consultala nas oficinas da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias e nas dependencias da delegación provincial da Consellería do Medio Rural.

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.


Máis información
arquivoeia_troans.pdf (28 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS