Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Toma de posesión provisional dos predios de substitución na concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro)
[26/12/2008]

Resolución do 28 de novembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), e ao non exceder o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares de explotacións, nin ao representar os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, o director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 29 de xaneiro de 2009.

A toma de posesión é obrigatoria para todos os interesados e enténdese, sen prexuízo das rectificacións que procedan, como consecuencia dos recursos que prosperen. No caso de que algún propietario non permita, no prazo indicado, a toma de posesión, será obxecto, logo do apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da dita lei.

Os interesados poderán reclamar ante a delegación provincial de Pontevedra, xuntando ditame pericial, sobre diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de 60 días naturais contados desde o día 30 de xaneiro de 2009.

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

  • Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: ata o día 29 de xaneiro de 2009.
  • Os restantes predios: no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.
  • En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses contados a partir do día 30 de xaneiro de 2009, logo de petición á xefatura do Servizo de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no caso de seren especies autóctonas protexidas.

Así mesmo, deberanse adoptar as medidas relativas á prevención de incendios forestais, de conformidade coa Lei 3/2007.


Máis información
arquivotpp_agudelo_barro_valinas.pdf (29 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS