Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino)
[09/01/2009]

Resolución do 28 de novembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña).

A xunta local da zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas, aprobou as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Gonzar II (O Pino-A Coruña), que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no Concello do Pino e na zona, durante o prazo de trinta días naturais.

Os documentos que se poden examinar no Concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e a relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural dentro do prazo de trinta días, contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial da Coruña, nas oficinas centrais da consellería ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.


Máis información
arquivobd_cp_gonzar2.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS