Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Aprobado o acordo da zona de concentración parcelaria de Maceda-Orois (Melide)
[23/02/2009]

Resolución do 3 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Maceda-Orois (Melide-A Coruña).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona, de Maceda-Orois (Melide-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 47/1997, do 20 de febreiro, o seguinte:

  • O director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
  • O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e está exposto ao público no Concello de Melide e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.
  • Contra o acordo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural dentro do prazo de trinta días, contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na delegación provincial desta consellería, nas oficinas centrais da consellería ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Máis información
arquivoacordo_cp_maceda_orois.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS