Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Toma de posesión provisoria dos predios de substitución da concentración parcelaria de Cerqueda (Malpica)
[13/03/2009]

Anuncio do 17 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, da toma de posesión provisoria dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Cerqueda (Malpica-A Coruña).

Despois de publicar o acordo de concentración parcelaria da zona de Cerqueda (Malpica-A Coruña) e tendo en conta que o número de recursos presentados e pendentes de resolver non excede o seis por cento dos titulares das explotacións, a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias resolveu dar posesión provisoria dos novos predios con data do 13 de febreiro.

Todas as persoas interesadas tomarán posesión dos seus terreos obrigatoriamente, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen.

Se algún propietario non permitira a toma de posesión dos novos predios no prazo que se indica neste aviso, será apercibido e logo será obxecto de compulsión directa, ademais de impoñerlle as sancións económicas que procedan.

Os interesados poderán reclamar sobre as diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais, que contarán a partir da data an que os predios se poñan á súa disposición. Deberán presentar coa reclamación un ditame pericial visado polo colexio correspondente.

Os prazos para a toma de posesión son os seguintes:

  • Labradíos sen colleita pendente, prados e pasteiros: o día seguinte ao da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.
  • Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveren pendentes de recolección no día antes citado.
  • En relación coas árbores existentes nos predios, recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses, que contarán desde a publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia, logo da petición á Xefatura do Servizo de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, caso de seren especies autóctonas protexidas; sen prexuízo das demais autorizacións que legalmente procedan.

Así mesmo, deberán adoptarse as medidas relativas á prevención de incendios forestais previstas na lexislación vixente.


Máis información
arquivotpp_cerqueda.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS