Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Toma de posesión provisoria de predios de substitución na zona da Esperela (Baleira)
[01/04/2009]

Anuncio do 16 de marzo de 2009, da Delegación Provincial de Lugo, da toma de posesión provisoria de predios de substitución na zona da Esperela (Baleira-Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona da Esperela (Baleira-Lugo) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento das persoas titulares das explotacións, nin representando os que reclaman máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias resolveu dar posesión provisoria dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 1 de abril de 2009, para todo tipo de cultivos, agás para as árbores que será o 1 de agosto de 2009.

A toma de posesión é obrigatoria para todas as persoas interesadas e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen. No caso de que algún/a propietario/a non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa.

As persoas interesadas poderán reclamar ante a delegación provincial de Lugo, acompañando ditame pericial, sobre diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais, contados desde o 2 de abril de 2009.


Máis información
arquivotpp_esperela.pdf (27 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS