Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado

Rectificación do perímetro da zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín)
[06/04/2009]

Anuncio do 10 de marzo de 2009, da Delegación Provincial de Ourense, da Resolución do 25 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, sobre rectificación do perímetro da zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense).

Exclúense do proceso de concentración parcelaria da zona de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense) os terreos de asentamento poboacional, os terreos que non constitúen superficie agraria útil e os terreos de monte veciñal en man común.

Inclúense no antedito proceso de concentración parcelaria os terreos de superficie agraria útil da parroquia de Lobás e que lindan coa parroquia de Castelaus.


Máis información
arquivorect_cp_castelaus.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS