Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Vixentes >> Agricultura >> Aviso
  • Aviso vixente

Prezos de referencia da variedade xerez para as campañas 2008/2009 e 2009/2010
[24/09/2008]

Acordo do 16 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, polo que se publica o acordo acadado polos representantes de produtores e adegas da denominación de orixe Ribeiro.

Á vista da solicitude formulada polos representantes de produtores e adegas da denominación de orixe Ribeiro, e tendo en conta a representatividade das organizacións que integran a representación dos produtores, recoñecida pola Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego, e a relevancia dos restantes asinantes, todos eles subscritores do contrato tipo homologado de compravenda de uva para a súa transformación en viño da denominación de orixe Ribeiro para as campañas 2008/2009, 2009/2010, 2010-2011, procédese á publicación dos acordos acadados en relación a prezos de referencia da variedade xerez e á súa vixencia.

Establécese o compromiso de pagamento da variedade xerez para as uvas desta variedade amparadas pola denominación de orixe Ribeiro, con destino ás adegas asinantes deste acordo, os prezos de referencia son os establecidos na seguinte táboa:

Prezos de referencia
Graos   Prezo con IVE incluído 9% (euros)
= ou < 9,5°0,300
9,60,350
9,70,360
9,80,370
9,90,385
10,00,400
10,10,410
10,20,420
10,30,430
10,40,440
10,50,450
10,60,470
10,70,490
10,80,510
10,90,530
11,00,550

Os prezos referidos anteriormente serán de vixencia, sen variación á alza nin á baixa, durante as campañas 2008/2009 e 2009/2010.

 


Máis información
arquivoacordo_prezos_ribeiro.pdf (37 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS