Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Vixentes >> Ingacal >> Aviso
  • Aviso vixente

Xornada técnica WINETech Plus: ALTERNATIVAS PARA A VALORIZACIÓN DOS RESIDUOS DO SECTOR VITIVINÍCOLA NO SUDOESTE EUROPEO
[07/07/2014]

A xestión tradicional dos residuos orgánicos xerados polo sector vitivinícola supoñen unha carga económica e ambiental importante para as adegas e viticultores en todo o ámbito do sudoeste europeo. É por iso que cada vez estanse demandando con maior intensidade solucións que ofrezan alternativas de valor engadido e que permitan a revalorización e transformación dos restos de poda, das lías e dos bagazos, en produtos industriais con beneficios para o sector.

Neste senso, xa se puxeron en marcha iniciativas empresariais con interesantes resultados. Así mesmo, estanse desenvolvendo proxectos e liñas de investigación cun enorme potencial para o sector vitivinícola e outras industrias.

Para dar a coñecer unhas e outras, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) organizan no marco do proxecto europeo WINETech PLUS, a xornada técnica “Alternativas para a valorización dos residuos do sector vitivinícola no sudoeste europeo” na que se presentarán os traballos de empresas e centros de investigación de España, Francia e Portugal.

Lugar de celebración: Sede de FEUGA. Avenida Lope Gómez de Marzoa, s/n, Campus Universitario Sur, Santiago de Compostela

Data: xoves 17 de xullo

Horario: de 09:30 a 14:30h

Máis información e formulario de solicitude: Podes consultar información máis detallada do da xornada na web www.winetechplus.eu


Máis información
arquivoPrograma_Completo.pdf (161 Kb)

arquivoBoletin_Inscripcion.pdf (90 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS