Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Axudas >> Rematadas >> Infraestruturas >> Axuda
  • Axuda rematada
Prazo: 01-12-2006 ao 01-01-2007

Axudas urxentes para a reparación de danos causados polas inundacións no sector agrario
[01/12/2006]

Orde do 28 de novembro de 2006 pola que se ditan disposicións para o desenvolvemento no eido agrario do Decreto 180/2006, do 19 de outubro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas no mes de outubro en Galicia, modificado polo Decreto 188/2006, do 26 de outubro.

Obxecto
Esta orde ten por obxecto desenvolver o réxime de axudas establecidas no Decreto 180/2006, do 19 de outubro, modificado polo Decreto 188/2006, do 26 de outubro, que regula as axudas para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas durante o mes de outubro no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, no ámbito das competencias da Consellería do Medio Rural e que esta conceda con cargo aos seus orzamentos.

Serán obxecto de axuda a reparación dos danos causados polas inundacións acontecidas durante o mes de outubro de 2006 en explotacións agrícolas e gandeiras que non fosen cubertas polas medidas que poida adoptar a Administración xeral do Estado ou por calquera fórmula de aseguramento, público ou privado, no ámbito dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Val do Dubra, Vimianzo e Zas, na provincia da Coruña, e Baiona, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Gondomar, Marín, Moaña, O Rosal, Oia, Poio, Pontevedra, Tomiño, Tui e Vilaboa, na provincia de Pontevedra.

As axudas concederanse en réxime de concesión directa e serán financiadas con cargo aos orzamentos da Consellería do Medio Rural.

A natureza destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público e privado, estatal ou internacional, e complementario do que poidan ser beneficiarios os afectados e cando os citados sistemas non cubran a totalidade dos danos serán compatibles en concorrencia con otras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos e recursos, procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do dano producido.

Beneficiarios
Serán beneficiarios das axudas previstas nesta orde os titulares das explotacións agrícolas e gandeiras que sufrisen os danos obxecto de axuda, na medida en que non fosen totalmente cubertas por calquera outro sistema de cobertura de danos público ou privado.

Prazo de presentación
As solicitudes de axuda presentaranse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.


Máis información
arquivocon_2_20061220_1.pdf (123 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS