Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Axudas >> Rematadas >> Infraestruturas >> Axuda
  • Axuda rematada
Prazo: 08-05-2007 ao 09-07-2007

Axudas para o acceso á propiedade de titulares de arrendamentos históricos e parzarías
[08/05/2007]

Orde do 30 de abril de 2007 pola que se convocan para o ano 2007 as axudas para facilitar o acceso á propiedade a titulares de arrendamentos históricos e parzarías a que se refire a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia.

Obxecto e ámbito de aplicación
É obxecto desta orde o establecemento da convocatoria para o ano 2007, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para facilitar o acceso á propiedade ás persoas titulares dos arrendamentos históricos e parzarías, de acordo coas bases reguladoras previstas no Decreto 182/2006, do 26 de outubro (DOG nº 208, do 27 de outubro), polo que se establecen medidas para facilitar o acceso á propiedade a titulares de arrendamentos históricos e parzarías a que se refire a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia, modificada pola Lei 6/2005, do 7 de decembro.

Finalidade
As axudas teñen por finalidade facilitarlles o acceso á propiedade ás persoas titulares dos arrendamentos históricos e parzarías que, de conformidade co previsto na Lei 3/1993, do 16 de abril, exerzan o dereito de acceso á propiedade xudicialmente ou mediante acordo extraxudicial.

Prazo
As solicitudes de axuda presentaranse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

As solicitudes de axudas presentaranse preferentemente nas delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural. Así mesmo, poderanse presentar en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.




© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS