Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Finalizados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso finalizado

Aprobado o regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador
[11/02/2009]

Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Corrección de erros.

Aprobado o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador para acadar a protección nacional transitoria establecida no artigo 5.6º do R (CE) 510/2006, unha vez que a solicitude de rexistro foi transmitida á Comisión Europea.

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia, con carácter provisorio ata que se celebren eleccións na forma determinada na normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidente: Jesús Quintá García.

Vogais polo sector produtor:

  • Guillermo Lago Pérez.
  • Juan José Estévez Fernández.
  • María Páez Pérez.
  • Alberto Vázquez Rodríguez.
  • Xosé Manuel Guerra Nieves.
  • Mónica Vázquez Blanco.

Vogais polo sector industrial de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco:

  • José Domingo Gómez Fidalgo.
  • Francisco Barredo González.
  • Juan Pedro Fernández López.

Vogais polo sector industrial de industrias de procesado:

  • Maite González Estévez.
  • Miguel Ángel Areán González.
  • José Domingo Posada González.

Máis información
arquivoixp_castana_galicia.pdf (128 Kb)

arquivoce_ixp_castana_galicia.pdf (25 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS