Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Finalizados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso finalizado

Publicada a orde pola que se modifica a normativa reguladora da I.X. Viño da Terra Val do Miño-Ourense
[13/02/2009]

Orde do 10 de febreiro de 2009 pola que se modifica e refunde a normativa reguladora da indicación xeográfica Viño da Terra Val do Miño-Ourense.

Apróbase un novo texto onde se recollen actualizadas e organizadas todas as especificacións relativas á produción, elaboración e comercialización do viño acollido ou que pretenda acollerse á indicación xeográfica Viño da Terra Val do Miño-Ourense. Esta refundición normativa tamén serve para actualizar as referencias ao marco legal vixente na materia, axeitar o texto ao devandito marco e solucionar determinadas discrepancias que existían na delimitación da área desta indicación xeográfica entre a Orde do 15 de xullo de 1987 e as sucesivas ordes ministeriais polas que se foron actualizando os anexos correspondentes das ordes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación reguladoras desta materia.

Neste novo texto revísanse algúns aspectos e parámetros técnicos que, á luz dos avances das técnicas de produción vitícola e vinícola e das demandas dos consumidores, quedaran un tanto obsoletos na citada orde do ano 1987.


Máis información
arquivomodif_valdomino_ourense.pdf (130 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS