Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Finalizados >> Alimentación >> Aviso
  • Aviso finalizado

Solicitude de modificación do prego de condicións da I.X.P. Pataca de Galicia
[27/03/2009]

Resolución do 12 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, pola que se lle dá publicidade á solicitude de modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia ou Patata de Galicia.

Publicidade da solicitude de modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia. Establécése un prazo de dous meses dende a data da súa publicación no BOE para que calquera persoa, física ou xurídica, que estea establecida ou resida legalmente en España, cuxos lexítimos intereses considere afectados, poida oporse a este rexistro mediante a correspondente declaración de oposición, dirixida á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, da Consellería do Medio Rural.

O expediente desta solicitude poderá ser examinado na sede da devandita dirección xeral, sita nos edificios administrativos de San Caetano.


Máis información
arquivomodif_ixp_pataca.pdf (50 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS