Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Finalizados >> Infraestructuras >> Aviso
  • Aviso finalizado

Estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria de San Pedro das Maus (Vilar de Barrio)
[25/06/2008]

Resolución do 28 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de San Pedro das Maus (Vilar de Barrio-Ourense).

Sométese a información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de San Pedro das Maus, concello de Vilar de Barrio (Ourense).

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.


Máis información
arquivoeia_san_pedro_das_maus.pdf (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS