Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Ayudas >> Finalizadas >> Agricultura >> Ayuda
  • Ayuda finalizada
Prazo: 9-1-2009 ao 9-3-2009

Fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo
[08/01/2009]

Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2009.

Corrección de erros.

Obxecto
Establecer as bases das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e convocalas para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:

  1. As cooperativas agrarias que teñen como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, sociedades agrarias de transformación, en diante SAT, que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola.
  2. O resto de cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal para prestar servizos aos seus socios.
  3. As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procedentes da fusión de alomenos dúas explotacións, nos 5 anos posteriores á súa constitución.
  4. As asociacións de viticultores formalmente constituídas, só no caso de investimentos en instalacións e equipamento de sistemas mecánicos patentados e homologados para o transporte de produtos vencellados á fase da produción vitícola.

Finalidade
Os fins que se pretende acadar con esta orde son os seguintes:

  1. Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal en réxime asociativo.
  2. Promover a construción e/ou adquisición e utilización en réxime asociativo de certas edificacións e instalacións relacionadas co proceso produtivo das explotacións agrarias.
  3. Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
  4. Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Financiamento
As axudas concedidas financiaranse con cargo ás seguintes partidas orzamentarias:

  • Aplicación 11.03.712-C.770.1, cofinanciada con fondos Feader, por un importe de 200.000 € para o exercicio 2009 e 200.000 € para o exercicio económico 2010, cofinanciada con fondos Feader;
  • Aplicación 11.03.712-C.770.3, dotada con fondos finalistas do Ministerio e Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, por un importe de 540.330 € para o exercicio 2009 e 200.000 € para o exercicio económico 2010; con cargo a esta partida só se subvencionarán investimentos incluídos no Plan de Innovación Tecnolóxica, resumidos no anexo VIII desta orde.

Poderanse utilizar así mesmo outros remanentes que puideran existir nas mesmas aplicacións, dos orzamentos xerais de Galicia.



© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS