Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Ayudas >> Finalizadas >> Infraestructuras >> Ayuda
  • Ayuda finalizada
Prazo: 31-10-2006 ao 01-12-2006

Convocadas as axudas para facilitar o acceso á propiedade a titulares de arrendamentos históricos e parzarías
[31/10/2006]

Orde do 28 de outubro de 2006 pola que se convocan para o ano 2006 as axudas para facilitar o acceso á propiedade a titulares de arrendamentos históricos e parzarías a que se refire a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia.

Obxecto e ámbito de aplicación
É obxecto desta orde o establecemento da convocatoria para o ano 2006, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para facilitarlles o acceso á propiedade ás persoas titulares dos arrendamentos históricos e parzarías, de acordo coas bases reguladoras previstas no Decreto 182/2006, do 26 de outubro, polo que se establecen medidas para facilitarlles o acceso á propiedade a titulares de arrendamentos históricos e parzarías a que se refire a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia, modificada pola Lei 6/2005, do 7 de decembro.

Condicións e finalidade

  1. Para poder acollerse a estas axudas deberanse cumprir os requisitos establecidos no Decreto 182/2006, do 26 de outubro.
  2. Estas axudas teñen por finalide facilitarlles o acceso á propiedade ás persoas titulares dos arrendamentos históricos e parzarías que de conformidade co previsto na Lei 3/1993, do 16 de abril, exerzan o dereito de acceso á propiedade xudicialmente ou mediante acordo extraxudicial.

Prazo
As solicitudes de axuda presentaranse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

Xustificación e pagamento
O pagamento da subvención realizarase dunha soa vez, logo da comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos no anexo III do antedito decreto, e tras a achega polo beneficiario dos xustificantes de pagamento que terán que ser presentados no prazo de dez días hábiles, que comenzarán a contar o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda.

Financiamento
Para a concesión das axudas desta convocatoria existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 por un total de douscentos corenta mil euros (240.000 A), na aplicación orzamentaria 11.02.422D.770.0, axudas para adquisición de terras procedentes de arrendamentos históricos.


Máis información
arquivocon_6_20061201_1.pdf (34 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS